Máis avances de programación de cara ás Festiletras

La Voz

PONTECESO

Ángel Carracedo e Marisa Valle Roso son os novos persoeiros anunciados pola organización do festival, que se celebrará no Couto (Ponteceso), do 12 ao 19 de maio

12 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A organización das Festiletras 2019 segue desvelando pouco a pouco os segredos da súa programación de cara ao mes de maio. Entre os días 12 e 19 dese mes pasarán polo Couto (Ponteceso) persoeiros da talla de Xavi Lozano, Rosa Cedrón, o dúo Caamaño e Ameixeiras, Baiuca, Ezetaerre ou Fina Casalderrey. Dúas novas confirmacións anunciadas nos últimos días: Ángel Carracedo e Marisa Valle Roso.