Que será da balea de Balarés?

Cristina Viu Gomila
Cristina Viu CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Ana García

O goberno local de Ponteceso busca o modo de expor o esqueleto do cetáceo

24 ene 2019 . Actualizado ás 08:08 h.

O Concello de Ponteceso convocará un concurso de ideas para determinar de que xeito mostrarase o esqueleto da balea que varou en Balarés. Na inmensa maioría dos casos, os restos óseos, debidamente ensamblados, preséntanse suspendidos do teito. Así ocorre na maior parte dos museos, incluídos os dous de Galicia que exhiben esqueletos de mamíferos mariños. O da Sociedade de Historia Natural, en Ferrol, mostra unha balea un pouco máis grande que a que a que apareceu en Balarés. Curiosamente trátase dun exemplar que apareceu o 19 de marzo do 2004 en Neno do Curvo, unha cala da costa pontecesana. Toda a operación custou entón 23.000 euros. Foi cara porque a zona do varamiento era de moi difícil acceso. Está exposta desde o 2014 e pasou dous anos enterrada para someterse a un proceso de descomposición.

En todo caso, a exhibición baixo cuberta require un espazo moi amplo, unha gran nave de, polo menos, 23 metros de lonxitude e unha altura considerable.

Outro sistema é o que utilizan en Canarias. En varias illas hai esqueletos ao aire libre, asentados sobre alicerces, en espazos públicos próximos ao mar. Neste caso, faría falta unha zona protexida dos ventos máis fortes e unha ensamblaxe moi recio.