Doce ilustracións de Leandro Lamas visitarán Ponteceso

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Juana P. Lúa

A concellaría de Educación retoma o pograma de conmeración dos 50 anos de «Vos soños na gaiola»

23 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A concellaría de Educación de Ponteceso, encabezada polo edil Carlos Penedo, retomará estes días as actividades conmemorativas do 50.º aniversario da publicación do libro Os soños na gaiola, de Manuel María. Farao cunha proposta para escolares de primaria da man do pintor e ilustrador naronés Leandro Lamas, que elaborou para a Fundación que leva o nome do autor doce ilustracións, en acuarela, baseadas noutros tantos poemas do libro. Así, nas próximas semanas, a exposición recalará tanto no CEIP As Forcadas de Corme como no colexio Eduardo Pondal de Ponteceso. Os estudantes aprenderán dela tanto a través da visita como do xogo. Está previsto, ademais, un acto conxunto e unha saída cultural ata Outeiro de Rei (Lugo).