A cuarta Festa do Cocido da Xolda reuniu a 450 persoas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

INCLÚE ÁLBUM | O prato resultou todo un éxito e gozaron ademais de sorteos e música

20 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Ata 450 persoas subiu a cifra de asistentes, onte, á cuarta Festa do Cocido organizada pola asociación A Xolda, de Cores-Nemeño, en Ponteceso. Saíu todo «ao máximo», como dicían desde a organización a iso das sete da tarde. A esa hora íanse a sentar os voluntarios e colaboradores a poder degustar algo do prato, porque ata entón, e mesmo sendo uns vinte metidos en faena, tiveron moito que traballar para atender aos comensais. «A xente quedou moi contenta, dixeron que estaba moi bo», comentaban. A esa hora, e despois dun sorteo, empezaba a música de Judith Cundíns, e logo viría a Olympus. Entre aqueles que gozaron onte do cocido estaban os letones que chegaron a Ponteceso dentro do Erasmus+ do instituto Eduardo Pondal.