Entre «A Jrileira» de Tella e o vídeo musical do Nadal de Calvo

TELEVISIÓN E AUDIOVISUAL | No caso de Calvo, fíxose un vídeo en Carballo, outro en Italia e un terceiro en Madrid


Carballo / La Voz

A comisión de festas de Tella, no municipio de Ponteceso, é certamente activa ao longo do ano. Unha das súas últimas iniciativas foi a de acudir ao programa Bamboleo, da TVG, para tomar parte nun concurso que, precisamente, ten como protagonistas á agrupacións organizadoras de festas. O certame leva por nome A Jrileira e desde Tella quixeron dar as grazas polo apoio do público, entre o que había moitos veciños da propia localidade de Tella e de arredores.

Nas últimas horas está a arrasar nas redes, por outra banda, un vídeo dos traballadores de Calvo. Empregados de distintos departamentos da matriz carballesa cantan e bailan a canción Explota o meu corazón, de Raffaella Carrá. Pasadas as sete da tarde, a peza acumulaba máis de 21.500 reproducións. Foi, en principio, unha iniciativa de recursos humanos, con tres vídeos distintos: ademais do carballés, outro en Italia e un terceiro en Madrid. Proxectados nas ceas do Nadal, permitiron botarse uns risos.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
0 votos
Comentarios

Entre «A Jrileira» de Tella e o vídeo musical do Nadal de Calvo