O espectáculo «Iriña Bailarina», mañá, no Museo de Corme

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

ANGEL MANSO

Programou a área de Turismo, que suma así unha nova actividade ao menú de propostas municipais

29 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Domingo • 18.00 horas • A área de Turismo pontecesá, dirixida por Susana Toja, vén sumar unha nova proposta ao programa do Nadal municipal. Trátase do espectáculo teatral Iriña Bailarina, para público infantil e baseado na igualdade de xénero. Será no Museo de Corme, ás 18.00 horas, e da man de Teatro dous Ghazafelhos. O acceso é libre e gratuíto.