O videoclip de «Galego», de Carlos Blanco Fadol, estrearase en Brantuas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Laura Rodríguez

O acto está previsto para este domingo, ás 12.00 horas. É neto dun emigrante oriúndo da localidade

28 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Domingo • 12.00 horas • O local da asociación cultural Nosa Señora do Faro de Brantuas (Ponteceso) acollerá este próximo domingo, ás 12.00, a presentación do videoclip da canción Galego. Darao a coñecer o seu protagonista e intérprete, Carlos Blanco Fadol, cantautor e musicólogo neto dun emigrante natural de Brantuas. Precisamente este tema foi composto en honra do seu avó e tanto os espazos da gravación como quen neles aparecen son todos da contorna da localidade.

Blanco Fadol posúe unha colección de instrumentos musicais étnicos, considerada a máis grande do mundo. Estará acompañado o domingo en Brantuas por distintos activistas culturais da comarca, así como polo alcalde, Lois García. O acto finalizará cun pequeno ágape para todos os asistentes.