Deputación e Concello acordan investir 156.000 euros en obras en Ponteceso

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Cedida

O 64 % dos fondos achégaos o ente provincial

12 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, asinaron un convenio de colaboración para o financiamento de obras de mellora e mantemento de diversas estradas e camiños municipais. Este acordo suporá un investimento de 156.250 euros, dos que o 64 % (100.000 euros) serán achegados polo ente provincial co obxectivo de «incrementar a seguridade do tráfico en zonas carentes de sinalización, con sistemas de drenaxe ou recollida de pluviais deficientes ou nas que o firme está deteriorado; mellorar o acceso a núcleos de poboación e dotar a zonas rurais de novos servizos como o saneamento», afirmou o presidente da Deputación da Coruña.

Pola súa banda, o alcalde destacou a colaboración da Deputación para mellorar as infraestruturas de Ponteceso e concretou que as actuacións se realizarán en Brantuas de arriba, Cospindo (casa cuartel-Cedeira), Nemeño, Niñóns (viario que enlaza a praia coa estrada DP-6801), Talo (A Bugalleira-Casas Novas), Tella e Xornes.