O Madison caeu contra o líder e cedeu a súa praza ao Cotelo

M. R. CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

CEDIDA

O Lista suma de tres en tres na liga de fútbol sala de Corme

10 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Van cinco xornadas na liga de Corme e hai un equipo que suma de 3 en 3: o Lista. Este sábado houbo partidazo contra o segundo clasificado, o Madison, e lonxe de ceder, foi moi contundente (7-0). Deste xeito, pasou a ocupar a segunda praza o Cotelo, que gañou ao Balarés por 5 a 3. O Apligasa é terceiro tras imporse ao Cruceiro (3-6).