Faleceu en Betanzos o cura José Mato Amado, natural de Ponteceso

Foi durante cincuenta anos párroco de Santiago de Requián e de San Esteban de Piadela


carballo / a voz

José Mato Amado, párroco emérito de Requián e Piadela, en Betanzos, faleceu o martes aos 82 anos. O enterro tivo lugar este xoves ás 12.00 en Santiago de Requián. José Mato Amado era natural de Ponteceso, pero levaba en terras betanceiras desde 1964.

No 2011 celebrou as súas vodas de ouro no sacerdocio. Compartiu promoción con moitos sacerdotes da zona, como Manuel Rodríguez Cabeza, Francisco Domínguez Lobelos ou Manuel Vázquez Formoso.

No 2014 cumpriu cincuenta anos como párroco de Santiago de Requián e de San Esteban de Piadela. «Non é moi habitual que un sacerdote permaneza cincuenta anos na mesma parroquia. Na nosa diocese non creo que haxa outro caso. Se encariñaron comigo e eu con eles e quedei», recoñeceu o relixioso co gallo da celebración das súas vodas de ouro como cura en Betanzos. A efeméride celebrouse cunha misa e un xantar ao que asistiron multitude de comensais agradecidos ao seu traballo na localidade.

Da súa popularidade en Betanzos dá conta o feito de que preto de 400 persoas asistisen entón ao aniversario, incluída a comida celebrada no polideportivo de Guiliade. «Ler pancartas escritas polos fregueses que dicían fica ou non che marches, iso chega moi dentro», dicía entón Mato Amado, moi emocionado aquel día. O veterano párroco, finalmente, foise, pero será recordado por moitos alí onde tantos anos exerceu.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
15 votos
Comentarios

Faleceu en Betanzos o cura José Mato Amado, natural de Ponteceso