Excarcerada tras un accidente en Corme Aldea

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

BASILIO BELLO

A muller, que reside en Corme, quedou atrapada no coche e foi evacuada ao hospital

10 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Pouco despois da mañá, unha muller que se dirixía a Corme saíuse da vía co seu coche no Perillán (Corme Aldea) e rematou chocando contra o muro dunha casa. Na zona pola que saíu hai unha profunda cuneta e o coche quedou encaixado, polo que a muller non puido saír do vehículo. Os bombeiros de Carballo foron mobilizados polo 112 para proceder á excarceración, un traballo no que estaban xa inmersos os membros do GES, que teñen a súa sede en Ponteceso. Ata o lugar desprazáronse tamén unha patrulla da Garda Civil e outra da Policía Local de Ponteceso, ademais dunha ambulancia do 061 que estabilizou á ferida no mesmo lugar do accidente e despois a traslado ao Chuac para verificar o alcalde das lesións.