Críticas a Medio Rural polas multas a veciños de Ponteceso por non limpar e tallar as leiras

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Ana Garcia

A concelleira Susana Toja asegurou ter presentado varias solicitudes de entrevista coa representante do Goberno autonómico Ángeles Vázquez, «pero nin sequera se recibiu resposta»

08 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A concelleira de Medios Produtivos do Concello de Ponteceso, Susana Toja, mostrou a súa indignación pola indiferenza, segundo ela, da Consellería de Medio Rural pola aplicación da lei de prevención e defensa dos incendios forestais, no que a talla de zonas arboredos refírese.

A concelleira asegurou ter presentado varias solicitudes de entrevista coa representante do Goberno autonómico Ángeles Vázquez, «pero nin sequera se recibiu resposta». E engadiu: «Semella que á conselleira e á Xunta de Galicia lles importa pouco o estado de alarma que está a crear entre a poboación a chegada de multas de mil euros e as enormes dificultades materiais que existen para realizar as talas». Segundo Toja, entre os afectados hai preocupación pola dificultade para cumprir coa normativa, polo que a edila insiste en manter unha reunión coa responsable de Medio Rural para abordar esta cuestión.