Agradecemento e retorno das 36.ª edición das Festiletras do Couto

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

BASILIO BELLO

O reporte económico para as empresas da localidade foi moi positivo

27 may 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Pasada case unha semana desde o fin das Festiletras, tocou facer balance e, en reporte económico para as empresas de Ponteceso, foi moi positivo: restauración, alimentación, hostalería, buses, ferraxería, imprenta, taxis, panadería, electricidade, librería, seguros... Moitas son as áreas nas que tivo retorno, engadíndolle outros ingresos indirectos en establecementos de turismo rural e locais de lecer. Desde a organización apuntan así mesmo a estreita colaboración con todos os centros de ensino do municipio e, a través do Festiciencia, a contratación de voluntariado local e servizos de limpeza e seguridade. O seu agradecemento vai así mesmo aos locais por divulgar a súa publicidade, ás institucións públicas (Xunta, Deputación, Fecyt, Agader e Concello) e ás empresas privadas.