Pais de alumnos do colexio Eduardo Pondal de Ponteceso votan a xornada única

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Os 155 proxenitores incluídos no censo poderán opinar entre as 13.00 e as 21.00 horas

17 abr 2015 . Actualizado ás 05:00 h.

Pais de alumnos do colexio Eduardo Pondal de Ponteceso están convocados hoxe para votar a xornada única. Os 155 proxenitores incluídos no censo poderán opinar sobre o cambio de horario entre as 13.00 e as 21.00 horas na mesa instalada para ese efecto no centro.

O presidente da ANPA, Miguel Cousillas, sinala que o proceso foi moi longo e complicado a causa do transporte, posto que o Eduardo Pondal comparte autobuses co instituto e coas Forcadas de Corme. Finalmente conseguiron encaixar os horarios e agora necesitan o 90 dos votos para que a proposta saia adiante, polo que invitan os pais a pasarse polo centro a manifestar a súa opinión.

O horario lectivo finalizaría ás 14.30 horas e o de comedor, ás 15.45. Os profesores encargaranse de levar aos nenos ás primeiras actividades, polo que non haberá que recollelos ata as 16.30 horas, que é a hora na que saen de clase actualmente. Ademais ofrece dúas horas de biblioteca tutelada polas tardes, un servizo que non existía anteriormente.

Leste mesmo proceso producirase o día 27 no colexio de Malpica, despois de que Educación dese a súa visto e prace. Nos colexios de Cabana e Baio tamén tramitan o procedemento.