Danza de espadas e memoria do Carnesán en Quintáns, Muxía

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MUXÍA

A comisión das festas de San Isidro nos últimos cinco anos, doutro lado, dixo adeus

04 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Este pasado domingo foi día de tradición en Quintáns, Muxía. Por San Isidro bailouse a tradicional danza de espadas, e ademais levando os participantes un lazo negro, en memoria de José Blanco Méndez, O Carnesán, peza crave na recuperación deste baile e falecido en febreiro. Foi, ademais, xornada de despedida, pois tras 5 anos foi o último con Patricia, Lidia e Sheyla integrando a comisión. Está aberta a convocatoria para quen desexe presentarse e tomar a vez a cargo de a organización.