Solpor expón unha gran guía dixital do Camiño a Fisterra e Muxía

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MUXÍA

A Asociación de empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía celebrou asemblea días atrás

08 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Unión, responsabilidade e esperanza para o sector turístico. Son tres alicerces que sosteñen a Asociación de empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía, Solpor, segundo o abordado na asemblea celebrada o pasado 25 de xuño no local social de Olveiroa (Dumbría). Preside a entidade Jesús Picallo e a asistencia ao encontro foi «masiva»: serviu para profundar no feito, pero tamén, da man da consultora pQliar Consulting, para tratar as actividades programadas para o 2020/2021: convenios, iniciativas de dixitalización... Nesta liña de promoción en liña interveu Antón Pombo, cofundador da asociación e ademais expresidente, quen deu a coñecer unha proposta de guía dixital do Camiño a Fisterra e Muxía, «a primeira gran guía deste camiño», tamén co ánimo de informar de recursos turísticos do territorio, non só da ruta. Informou, así mesmo, da segunda edición do proxecto Vakner. Bono solidario e axudas da Xunta para adquirir material EPI foron algúns outros temas tratados, debaténdose ademais os retos e dificultades aos que se enfronta o sector en cuestión.