Localizan morto na súa casa de Leis, Muxía, a un home de 66 anos que vivía só

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MUXÍA

XESUS BUA

As primeiras hipóteses apuntan a un falecemento por causas naturais

22 ago 2019 . Actualizado ás 17:17 h.

Un veciño do lugar de Leis, Muxía, localizou na mañá deste mércores o corpo sen vida de Víctor Manuel Baldomar Santos, de 66 anos de idade. Estaba tirado no chan do dormitorio boca arriba, xunto á cama. Rapidamente déuselle traslado ao 112, que enviou ao domicilio, situado no número 11 de Leis, a un médico do centro de saúde, persoal sanitario do 061, Policía Local de Muxía e Garda Civil.

Trátase dunha morte xudicial, aínda que as primeiras hipóteses apuntan a un óbito por causas naturais. Víctor Manuel Baldomar vivía só e foi visto por última vez sobre as dez e media da noite deste martes camiñando de regreso á súa casa.