Cálida reunión e reencontro da familia Benlloch en Muxía

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MUXÍA

Un total de 113 persoas, de entre un e 87 anos, tomaron parte no xantar, celebrado no campo de San Roque

16 jun 2019 . Actualizado ás 22:25 h.

Estaba previsto un centenar longo, e finalmente foron 113 os asistentes ao xantar dos membros da saga Benlloch, apelido que ten a súa orixe no farero de Touriñán Francisco Benlloch Buigues. Elixiron o campo de San Roque para a reunión, onde quedou unha asollada tarde. Chegaron, conta Irene Benlloch, desde Madrid, Cidade Real, Vigo, A Coruña, Culleredo, Muxía, Fisterra e Cee, devindo un gran ambiente. ¡Ata lles cadrou un aniversario! As idades máis diversas estaban onte presentadas, desde unha neta do farero de 87 anos, ata un integrante da sexta xeración Benlloch, dun. Pulpeira, música, vídeo con fotos familiares, photocall, inchables... Gozaron de todo e, segundo o que falaban, a idea é repetir con máis asiduidade: «Hai xente que non se coñecía ou que había 20 anos que non se vían».