Plantan lume nun monte en plena noite en Muxía

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

MUXÍA

Os equipos de extinción tardaron máis de catro horas en sufocar as chamas nunha área boscosa de Ozón

16 feb 2019 . Actualizado ás 17:43 h.

Un incendio forestal calcinou por completo catro hectáreas de monte (tres de raso e unha de arboledo) no lugar de Ozón, na parroquia muxiana de San Martiño de Ozón. O aviso ao 112 produciuse sobre as nove da noite de onte e os equipos de extinción tardaron máis de catro horas en extinguir as chamas. Acudiron, entre outros medios, catro axentes, dúas brigadas da Xunta e unha motobomba. E todo apunta a que se tratou dun incendio intencionado, ao iniciarse en plena noite. Por sorte non houbo que lamentar danos persoais.