Muxía, no podio dos portos autonómicos con máis tránsitos

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MUXÍA

XESÚS BÚA

Afiánzase así mesmo o peso da provincia a nivel galego en canto a actividade portuaria

07 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Os portos de titularidade autonómica da provincia da Coruña recibiron 3.243 barcos en tránsito durante os meses de xullo, agosto e setembro. Os datos foron dados a coñecer onte polo presidente de Portos, José Juan Durán, en compaña do delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro. Á cabeza quedou situado o de Muros, con 923, seguido polo da Pobra do Caramiñal (519) e o de Muxía (483), que se consolida así na parte alta do ránking. Afiánzase así mesmo o peso da provincia a nivel galego en canto a actividade portuaria.