Patrocinado por Patrocinadopor

As redeiras galegas reivindican o seu labor nun vídeo presentado en Malpica

La Voz CARBALLO / LA VOZ

SOMOS MAR

cedida

Muzungu Producións xunto con Doha Debates déronlle voz e imaxe

28 jun 2021 . Actualizado ás 08:53 h.

«A loita das redeiras pola equidad laboral no mundo da pesca, maioritariamente masculino» é, segundo Edu Marín, un dos puntos craves do vídeo que se presentou o sábado en Malpica . El é o representante de Muzungu Producións, que xunto con Doha Debates, deron voz e imaxe ás atadoras galegas. A federación do sector é o que puxo en marcha esa iniciativa que empodera ás socias e serve para explicar un labor sen a cal non serían posibles a maior parte do resto das actividades económicas relacionadas co mar.

Ao acto asistiu o delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, ademais do alcalde malpicán, Walter Pardo, e representantes de redeiras de Cangas , Cariño e Malpica, de onde é a presidenta da federación, Verónica Veres. O vídeo gravouse antes da pandemia, pero non se presentou ata agora, cando as limitacións polo covid permitiron xa reunións máis amplas, explicou Edu Marín.

A gravación servirá para que as atadoras poidan dar a coñecer o traballo que realizan a diario en distintos ámbitos, ademais das súas principais reivindicacións como a aplicación dun coeficiente reductor para a xubilación, no Réxime Especial do Mar, ou o recoñecemento de enfermidades profesionais.