Varias achegas de particulares fixeron posible o TAC de Harry

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MALPICA DE BERGANTIÑOS

A PRADERA EQUIVIDA

SOLIDARIEDADE | O cachorro de galgo dunha protectora de Malpica sofre ataques epilépticos

21 oct 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O pequeno Harry, da protectora A Pradera Equivida, de Malpica, ao fin púidose realizar o TAC que lle era tan necesario para poder pescudar o motivo que lle provoca continuos ataques epilépticos. Varios particulares contribuíron coa causa. Agora necesita Pexion para o tratamento, pero non hai existencias nestes momentos. Desde a protectora piden axuda a quen dispoña deste antiepiléptico.