Cerqueda (Malpica) | Monte d?Arxa queda sen directiva e en risco de desaparición

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Ana Garcia

Só seis veciños participaron na asemblea xeral

08 dic 2019 . Actualizado ás 22:04 h.

A asociación Monte d'Arxa corre o risco de desaparecer despois de que só 6 veciños acudisen o venres pola tarde ás Pozacas para participar na asemblea xeral. O punto principal da orde do día foi a renovación da xunta directiva, tras concluír a actual o mandato. Como non houbo alternativas, unha comisión xestora levará as rendas da entidade ata que apareza unha lista que lidere o novo proxecto.