O único edil de Cidadáns que deu a alcaldía ao PSOE de Malpica: «Tomei a decisión correcta»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MALPICA DE BERGANTIÑOS

ANA GARCIA

Alfredo Cañizo non se retracta da súa decisión, pese ao comunicado no que o seu partido anunciaba «medidas» contra el

17 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O único edil de Cidadáns que o sábado facilitou a investidura do socialista Walter Pardo como alcalde de Malpica, Alfredo Cañizo, non se retracta da súa decisión, pese ao comunicado no que o seu partido anunciaba «medidas» contra el por chegar a un acordo «sen a autorización do comité de pactos». «Tomei a decisión correcta», dixo onte Cañizo, e engadiu: «Todos somos veciños e apreciamos Malpica. Facía moita falta aire fresco, e as nosas siglas son o pobo de Malpica, única e exclusivamente. Se Ciudadanos ten algo que dicir é problema seu», sentenciou o concelleiro, que declinou facer máis valoracións.