Falece Jorge Severino, porteiro na época dourada do Laxe, aos 65 anos

M. R. CARBALLO / LA VOZ

LAXE

Ana Garcia

A súa muller, Coroa Pose Mira, faleceu fai apenas uns días

08 may 2021 . Actualizado ás 20:03 h.

Jorge Severino Diéguez Meréns, o que foi porteiro do Laxe na súa época dourada (década dos 80), faleceu aos 65 anos de idade por unha enfermidade. Natural da Coruña, chegou á localidade laxense pola súa muller, Coroa Pose Mira, que faleceu fai apenas uns días, tamén por unha afección. Está a ser velado no tanatorio San Antonio, de Laxe, e será enterrado este domingo. Desde o club describírono como «moi bo porteiro», ademais dun home «moi traballador». No Concello agradecéronlle a súa dedicación ao fútbol afeccionado local e destacaron que era unha persoa «extraordinaria».