Xornadas do Lubrigante no restaurante O Náutico, Laxe

La Voz

LAXE

María y Roberto, en julio del 2019, durante la inauguración de O Náutico
María e Roberto, en xullo do 2019, durante a inauguración do Náutico BASILIO BELLO

GASTRONOMÍA | Serán durante todo o mes de outubro, na súa segunda edición, tras o éxito do ano pasado

29 sep 2020 . Actualizado ás 22:46 h.

Todo o mes de outubro • O Náutico de Laxe xa superou con éxito o seu primeiro ano dinamizando o aloxamento e a gastronomía local, en tanto que, ademais, de hotel, tamén é restaurante, e ademais ben coidado. Para este próximo mes de outubro, segundo conta María Herminia Ferreiro, responsable do proxecto xunto con Roberto Barcia, teñen organizadas as segundas Xornadas do Lubrigante. A tenor de como foi a primeira edición, albergan moi boas expectativas, e por iso é polo que se lanzaron a repetir, a pesar do atípico deste 2020. Polo momento, xa hai quen se achegou alí a preguntar.

Lubrigante á prancha, lubrigante con arroz e ata lubrigante con peixe sapo á cazuela son as propostas do Náutico, que avanza un prezo especial durante todo este mes. Os interesados non teñen máis que chamar ao 981 081 249 ou 689 945 231 e facer as súas consultas. A capacidade é limitado, como impón o actual contexto sanitario, pero entre semana, e no mes de outubro, non haberá problema para facerse cunha mesa. De cara ao fin de semana, iso si, traballarán baixo reserva.

Tanta María como Roberto coñecen ben o mundo da pesca e do mar, pois a iso se dedicaron durante moitos anos: de feito, esa experiencia impregna o novo proxecto. Como detallan ao comezo da andaina do Náutico, tratan de apostar polo produto local, tamén para este caso, claro.

Boa proposta, pois, para ir dándolle entrada á nova estación otoñal, e para gozar do sabor comarcal.