Visita de Néstor Rego, deputado do BNG no Parlamento, a Laxe e Malpica

La Voz

LAXE

Ballesteros

En Malpica participará nun mitin conducido pola actriz Isabel Risco

08 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Néstor Rego estará hoxe (18.00) en Laxe para recompiar información e demandarlle a Costas que se retiren as dunas da parte baixa do paseo marítimo. Posteriormente, a partir das 20.30 horas, trasladarase ata Malpica para participar nun mitin que estará dirixido pola actriz e militante do BNG Isabel Risco. Será no centro cívico e participarán tamén os candidatos ao Parlamento galego Daniel Pérez e Xoán Sande; así como os concelleiros e membros do equipo de goberno local Leticia Varela e Daniel García.