ANO 2001 | A Primitiva deixa 937 millóns de pesetas en Carballal, Laxe

La Voz CARBALLO / LA VOZ

LAXE

HEMEROTECA |  INCLÚE ÁLBUM | Quince veciños foran os afortunados

12 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Carballal, un lugar de Traba de Laxe, era noticia un día como hoxe, no 2001. Feliz, sen dúbida, porque o premio máximo da Lotería Primitiva deixaba 937 millóns de pesetas repartidos entre quince dos seus habitantes (62 por cabeza, pois). Celebraron a fortuna ese día, pero algún tampouco deixou de traballar e empregou a xornada en tallar piñeiros.