Laxe aposta polo turismo ecolóxico e arquitectónico

La Voz CARBALLO / LA VOZ

LAXE

Ana Garcia

Onte presentouse no Museo do Mar o programa de actividades para o último trimestre do ano

14 oct 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A desestacionalización do turismo é un dos obxectivo máis perseguidos pola maioría de concellos da Costa da Morte. En Laxe, ademais de mirar ao ceo e agardar boas temperaturas que garantan un turismo de sol e praia, configuran cada ano completos catálogos de actividades deseñados para atraer a atención dos máis curiosos.

Onte mesmo presentaban no Museo do Mar -sempre o centro de operacións para todo aquilo que teña relación co turismo- as propostas para o cuarto trimestre deste ano no marco do programa Reláxese. Así, teñen cabida un bo puñado de conferencias (arqueoloxía, morfoloxía, micoloxía e moito máis) ou rutas guiadas a cargo de Manuel Rial ou Xosé María Lema.

Ademais, a partir de hoxe mesmo poder ver no museo a exposición As Antas dá Costa da Morte, cedida polo Seminario de Estudos Comarcais. Os días 18 e 19 de novembro haberá unha ruta de petiscos de outono; mentres que nos sábados de novembro (9.00-14.00), un mercado ecolóxico.