Os vándalos cébanse co paseo de Mar de Fóra, en Fisterra

Marta López CARBALLO / LA VOZ

FISTERRA

XAN CARLOS SAR

A Policía Local xa investiga o sucedido, xa que non é a primeira vez que aparecen este tipo de danos

27 ene 2021 . Actualizado ás 21:13 h.

Peculiar panorama o que se atoparon este mércores traballadores municipais de Fisterra ao achegarse ao paseo de Mar de Fóra a facer o mantemento habitual. Papeleiras tiradas, táboas do paseo desencaixadas, varandas completamente arrancadas ou tombadas... E toda pola acción do que se cre foi «un grupiño» de vándalos que o martes se dedicaron a esnaquizar a propiedade pública.

Xa fai cousa dun mes, explica o tenente de alcalde Xan Carlos Sar, atoparon dúas papeleiras das grandes arrancadas, pero nada semellante a isto.

XAN CARLOS SAR

A Policía Local xa está a investigar o sucedido por se alguén vise ou escoitado algo. Piden colaboración cidadá para esclarecer o sucedido.

«Aínda que o repare a brigada municipal, o material hai que compralo e enseguida te metes nun gasto de 5.000 ou 10.000 euros. Temos que dar conta do que temos, entre todos, non só o Concello. Ao ter que arranxar estas cousas, perdemos de facer outras e retrásanos noutros proxectos», alega Sar.