O Concello de Fisterra xa ten lista a memoria que presentará para solicitar a titularidade de todo o edificio do faro

La Voz CARBALLO / LA VOZ

FISTERRA

JORGE PARRI

O rexedor, José Marcote, falou diso na súa recente intervención en Radio Voz Bergantiños

21 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O alcalde de Fisterra, José Marcote, comentou no seu paso polo programa Cita co Concello, de Radio Voz Bergantiños, que o Goberno local xa ten no seu poder a memoria que presentará ás autoridades competentes para optar á titularidade de todo o edificio do faro, incluída a vaca. Segundo Marcote, «a finais do ano pasado» abriuse «un camiño» que o executivo decidiu seguir e investir diñeiro na elaboración dun proxecto meditado, detallado e minucioso para presentar ante a Autoridade Portuaria e Portos do Estado. Con todo, teme Marcote que «vos tempos políticos» que se viven a nivel estatal poida atrasar non só este proceso, senón outros moitos que dependan do Goberno central.

Tamén amais da mesa, e con proxección para que saia adiante «ao longo deste mandato», é o plan para o casco antigo, así como diferentes accións a desenvolver en materia de xestión portuaria. Así mesmo pendente está a cesión da estrada ao faro: «Estamos agardando polo arranxo do vial para poder firmar o convenio que xa aprobamos tanto o Concello como a Autoridade Portuaria», dixo o alcalde en Radio Voz.

Xa presentado está o plan estratéxico de turismo, algo que, segundo Marcote, foi un paso esencial de cara a que Fisterra «sexa a dona e controle o seu propio turismo, que non veña imposto de fóra». A propósito de turismo, indicou o rexedor que durante todo o verán hai un dispositivo especial de Protección Civil na zona do faro -a máis concorrida- para «tratar» de pór orde na zona, na medida do posible. «Aínda que a veces farían falla máis medios dos que temos, pero faise o posible», recalcou.