Unha tarde de folk no Bela Fisterra con Dequenvessendo

La Voz

FISTERRA

A formación, xurdida no 2016 no seo da asociación Triskell (Arteixo), ofrecerá mañá o seu concerto

24 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Mañá • 20.00 horas • Bela Fisterra • «Forza, folk, enerxía, tradición e moita máis enerxía!»: así é como presentan desde o Bela Fisterra a actuación prevista para mañá, sábado, ás 20.00 horas. Trátase dun concerto que levaban tempo agardando, o de Dequenvessendo, un novo grupo de folk formado no 2016 no seo da asociación cultural Triskell, en Armentón (Arteixo).

Sete integrantes ten a formación: Miguel Rosales (acordeón e teclado), Pablo Rosales (zanfona, whistle e gaita), Miguel Ocampo (percusión), Bieito Romero Diéguez (frauta travesera e gaita), Nathael Regueiro (guitarras e teclado), Irene Cerqueiro (frauta, teclado e voz) e Javier Ferreiro (son).

A pesar da súa relativa mocidade, Dequenvessendo xa pasou por importantes escenarios folk, como a Carballeira de Zas ou o festival Sisalde de Arteixo. Participa tamén regularmente na programación cultural da Casa dás Crechas, en Santiago. Mañá, xa que logo, unha oportunidade única para escoitalos.