Fisterra celebrará o Día de Rosalía con tres xornadas de actos

La Voz CARBALLO / LA VOZ

FISTERRA

A Deputación, pola súa banda, lanzou unha campaña para animar aos Concellos a celebrar o 24 de febreiro

15 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Ponteceso, a través do Servizo de Normalización Lingüística, ten en marcha un mes de actividades dedicado a Rosalía de Castro, polo 182.º aniversario do seu nacemento (24 de febreiro de 1837). Onte, tamén a concellaría de Cultura de Fisterra deu a coñecer o seu propio ciclo: unha función para escolares o xoves 21; unha charla-coloquio sobre feminismo e Rosalía o venres 22 (19.00 horas, biblioteca); e unha contada con música o domingo 24 (19.00 horas, no salón de actos): Rilo&Penadique.

Ánimo da Deputación

A Deputación da Coruña, pola súa banda, animou onte aos concellos a conmemorar o Día de Rosalía. Farao colaborando coa Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) na distribución de distintos folletos co manifesto escrito por Ana Romaní.