O municipio de Mazaricos presume de aves e de paisaxe nunha ruta de 27 quilómetros

x. r. a. MAZARICOS / LA VOZ

FISTERRA

alvite

O Concello haa posto en marcha, con indicadores e paneis

11 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Mazaricos é terra de paxaros. De feito, escolleuse como logotipo municipal a figura dun mazarico (numenius arquata ou zarapito real) baseándose na teoría que vincula o nome do municipio á abundancia deste tipo de aves en tempos pretéritos. Actualmente son moitas menos e móvense por apenas o 15 % do territorio, tal e como sucede coas outras 102 aves que, segundo a Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial e o Catálogo español de especies ameazadas, sobrevoan periodicamente estas terras.

Poder observalas e distinguilas resulta moito máis doado desde esta semana, grazas a que o Concello acaba de pór en marcha unha ambiciosa e interesante senda paisaxística e ornitológica Trátase dunha ruta circular de 27 quilómetros de lonxitude con principio e fin no miradoiro de Corzón, e que percorre as contornas do monte Aro e do encoro da Fervenza, lugares ideais para a observación de especies enormemente vistosas e en perigo de extinción, como o corvo mariño cristado ou o escribano palustre. Tamén outras aves máis habituais

«Queriamos aproveitar todo o potencial co que contamos neste ámbito. Temos a sorte de ter áreas de paso de aves migratorias, como é o contorno do embalse da Fervenza, e outras máis interiores onde abundan os paspallás, as píllaras ou as lavandeiras. Incluso miñatos e falcóns en zonas como o alto do Castelo», apunta o alcalde, Juan José Blanco, que sinala que a ruta representa un atractivo turístico máis para visitar o termo.

Os primeiros que o están gozando son os peregrinos que estes días completan a prolongación xacobea ata Fisterra e que, nun tramo de varios quilómetros, coincide tamén co novo percorrido ornitológico. Neste sentido, o prismático panorámico instalado no monte Aro non tivo descanso desde a súa posta en marcha.

Tamén chamaron poderosamente a atención debido á súa vistosidade, os paneis informativos de posición de avistamento de aves, así como o medio centenar de postes que, coas características das aves que poden atoparse pola zona, repartíronse por todo o percorrido. Estes puntos, con lendas en braille e un código QR que enlaza a páxinas webs onde se ampla a información, compleméntanse con indicativos que explican a distinta vexetación autóctona ou outros elementos significativos do patrimonio cultural. A ruta pode facerse en coche, pero mellor a pé.