Un peregrino provoca un incendio forestal no cabo Fisterra ao queimar a súa roupa ao final do Camiño

La Voz CARBALLO / LA VOZ

FISTERRA

S. GARRIDO

Arderon uns 500 metros cadrados. Llas chamas saltaron das pezas aos toxos

17 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Protección Civil e unha brigada de loita contra incendios forestais evitaron onte no cabo Fisterra que un incendio forestal adquirise unhas proporcións que o fixesen incontrolable. Ao parecer, e como xa ocorreu noutras ocasións, foi un peregrino o que ocasionou o lume ao cumprir a tradición de queimar as súas roupas despois de chegar ao final do Camiño, á beira do mar fisterrán. As chamas saltaron das pezas aos toxos, crecidos e secos, o que en pouco tempo fixo temor o peor aos alí presentes. «As lapas eran grandes, por momentos», apuntou unha testemuña. Arderon uns 500 metros cadrados. Moitos peregrinos desatenden as indicacións do Concello e cada pouco tempo poñen en perigo a integridade do espazo.