Cesullas, en Cabana, converteuse noutra parada importante na Costa da Morte

La Voz

FISTERRA

Ana Garcia

17 mares 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Do venres 23 de marzo ao domingo 1 de abril • O de Cesullas, no municipio de Cabana, non é o caso de Fisterra. Non son miles e miles as persoas que nesta localidade se reúnen, aínda que é certo que, duns anos a esta parte, o núcleo cabanés gañouse un lugar moi destacado no programa relixioso de Semana Santa desta comarca. Onte mesmo deron a coñecer o seu cartel de actos, que se estenderán desde o venres 23 de marzo (19.30 horas, misa pola Virxe dos Dolores ) ata o domingo 1 de abril (Domingo de Pascua, misa ás 12.00). O domingo de Ramos (25) haberá misa ás 12.15 e, o Martes Santo, ás 20.30. Clave será o Xoves Santo (17.30), día dos Pasos e Vía Crucis. Venres e sábado a misa será ás 20.00.