A Orde do Camiño de Santiago promocionou o itinerario xacobeo a Fisterra e Muxía

La Voz CARBALLO / LA VOZ

DUMBRÍA

ANA GARCIA

O albergue do Conco, en Dumbría, acolleu onte un acto

24 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O albergue do Conco, en Dumbría , acolleu onte unha xornada de promoción do Camiño a Fisterra e Muxía, dentro do proxecto Coñece Camiños, organizada pola Orde do Camiño de Santiago. Estaban previstas diversos relatorios, así como unha actuación musical da Real Banda de Gaitas, unha degustación de produtos típicos da comarca e unha visita por Dumbría e a súa contorna.