Faleceu Cándido Agulleiro, pai da tenente de alcalde de Dumbría

La Voz

DUMBRÍA

JOSE MANUEL CASAL

Foi enterrado en Berdeogas, onde residía

09 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Cándido Agulleiro Agulleiro faleceu o xoves na súa casa de Pedriña, na parroquia de Berdeogas (Dumbría) aos 86 anos. Era o pai de María Agulleiro Fernández, concelleira e primeira tenente de alcalde de Dumbría. Foi enterrado onte pola tarde no cemiterio parroquial de Berdeogas. Cándido foi emigrante en Inglaterra e foi traballador forestal.