Dumbría e Vimianzo inician outra semana de visitas guiadas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

DUMBRÍA

BASILIO BELLO

Un e outro Concello apostaron por percorridos para divulgar algúns dos seus puntos máis emblemáticos

03 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe Martes 3 de agosto e as rutas e visitas teñen importante peso na axenda da Costa da Morte para este día. A maiores da Filosofía para veraneantes en Corcubión e do concerto de The Lákazans en Laxe, chegan outras propostas desde Dumbría, onde os martes é día de saída cara ao Muíño de Louredo, desde o Centro de Interpretación de Rutas do Monte Pindo e Fervenza do Ézaro (CIR): as prazas son limitadas, e pódese contactar co 662 346 927. Tamén arrinca unha semana de visitas guiadas en Vimianzo : entre semana, hainas ás 11.00 e ás 19.00 horas ao castelo; ás 12.00 ao castro das Barreiras; ás 13.00, ao dolmen de Pedra Cuberta; e ás 17.00, ao porto de Cereixo. No castelo, é límite é de 10 persoas; no resto de localizacións, de 20. Pódese facer reserva ata unha hora antes, a través do formulario web.