O Dumbría vende cara a súa pel ante o Arona na Superliga 2 de voleibol

La Voz CEE / LA VOZ CEE / LA VOZ

DUMBRÍA

JORGE PARRI

Os locais perderon 1-3 ante os canarios

16 feb 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Volei Dumbría non podo sumar onte outra vitoria para seguir á espreita do Boiro na Superliga 2 de voleibol, pero fixo un digno papel, ante o Arona Paradise Park, co que acabou perdendo por 1-3, o que non dá unha idea exacta do apertado que estivo no partido, sobre todo no cuarto e decisivo set do encontro.

Os locais mantiveron o tipo en todo momento e, aínda que lles tocou ir a remolque, lograron igualar o marcador unha e outra vez ata o 27-28 definitivo, que lle puxo fin ao partido con certa polémica, xa que os dumbrieses protestaron e moito o tanto, antes de despedir a rivais e árbitros con afectuosos saúdos.