O voleibol Dumbría segue segundo tras caer derrotado en Cáceres

La Voz CARBALLO / LA VOZ

DUMBRÍA

Voley | Aínda que o inicio do partido parecía prometedor, finalmente os estremeños dobregaron ao conxunto dumbriés

19 ene 2020 . Actualizado ás 22:05 h.

Tras unha Copa Príncipe «negativa», segundo o técnico Luis Alberto Fernández, o club Voleibol Dumbría regresou de Cáceres cunha derrota por 3 a 0 debaixo do brazo. Aínda que o inicio do partido parecía prometedor, finalmente os estremeños lograron dobregar aos dumbrieses nos tres sets por 25 a 21, 27 a 25 e 27 a 25, respectivamente.

Este resultado, con todo, non varía o seu posto na clasificación da Superliga 2. Seguen segundos, aínda que a vitoria do Boiro amplía a distancia a catro puntos.

O Dumbría ten, con todo, un partido menos.