José Manuel Pequeño: «Por riba de todo quero que os veciños digan algún día que era boa persoa»

v. couto / S. g. rial CARBALLO / LA VOZ

DUMBRÍA

BASILIO BELLO

26M: LAS MUNICIPALES | O alcalde de Dumbría e de novo candidato polo PSOE, asegura que o Concello está no mapa comarcal, galego, estatal e internacional. Aposta por unha política moi social

24 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

José Manuel Pequeño Castro (A Ameixenda, Cee; 1955) cumpriu exactamente onte 36 anos como alcalde, dende o día de Santa Lucía de 1983. Goberna no PSOE (tamén é deputado provincial) con 10 dos 11 concelleiros. Dende que empezou, sempre con maiorías absolutas, que espera revalidar.

-Cre que mudou o escenario político nestes catro anos?

-Non. Destes catro anos demostramos sobre todo que hai unha xente comprometida co Concello, cos veciños, e por iso o noso lema é o de dar grazas, A eles, aos veciños, por permitirnos facer un proxecto de concello que se visualiza moi ben. Démoslle transcendencia non só a nivel local, senón comarcal e nacional. E internacional. Dumbría, para nós, é un referente a nivel de concello, e tamén para moita xente de outros concellos.

-Como está vivindo esta campaña?

-Moi ben. Teño un equipo que traballa de maneira fenomenal. Eu érgome ás 6.00 e dedícome só ao Concello, á vida pública, ao servizo público, porque é o que ten que facer un político. Pero, por riba diso, eu o que quero é que os meus veciños digan algún día que era unha boa persoa.

-Algún proxecto que destaque no seu programa?

-Nós presentamos hai catro anos o programa Dumbría século XXI, con propostas para dez anos. Imos seguir con iso, incorporando outros proxectos. Isto é moi cambiante, o día a día fainos ás veces cambiar de marcha, poñer unha máis larga, ou máis curta. Pensamos na Dumbría do rural, que perde poboación, e hai que ser imaxinativo. Esa debilidade hai que facela potencial, e aí estamos. Queremos facer unha política social na que non hai promesas de centros de día. A xente ten que envellecer na súa casa e temos que potenciar ese servizo.

-Seguirán dándolle relevancia ao deporte?

-Moita, como ata agora. Para que xente de aquí disfrute co deporte e o practique. Para seguir xerando riqueza económica para os veciños e os seus negocios, tanto os de Dumbría como os da comarca. E tamén para seguir coa promoción turística de Dumbría, como xa estamos facendo ata agora. E seguiremos levando a cabo numerosas actividades deportivas: fútbol, ciclismo, voleibol, piragüismo, automobilismo... O deporte é un dos moitos sinais de identidade do noso Concello.

A favor / en contra

  • Cadea perpetua revisable: En contra
  • Aborto: A favor
  • Investigados nas listas: Que haxa sentenza firme
  • Traslado de restos de Franco: A favor
  • Referendo Cataluña: Todos temos que decidir. Todos.
  • Acollida refuxiados: A favor
  • Eutanasia: A favor
  • Cambios lei violencia xénero: Para mellorar, todo
  • Prohibición fumar praias e piscinas: Si
  • Casco urbano a 30 km/h: A favor

Preferencias

  • A que hora se ergue? 6.00. Ou antes.
  • Que almorza? Unha gran culler de mel. Exercicio, e ducha de auga fría.
  • Prato preferido: Patacas fritas con ovos
  • Que non comería? Serpes
  • Bebida preferida: Un bo viño tinto
  • Equipo de fútbol: Dumbría sempre
  • Que coche ten? Un Mazda
  • Unha afección: Deporte, lectura, relax con música
  • Un lugar: A carballeira de Berdeogas
  • Que tarefas de fogar realiza? Nada, estou todo o día fóra

Artes e letras

  • Escritor favorito: Moitos. Goethe...
  • Último libro que leu: A historia da arte. Leviatán, agora.
  • Última película que viu: Xa case non vou, e iso que amo o cine.
  • Un artista: Touriñán e Federico
  • Un actor: Miguel de Lira
  • Unha actriz: Julia Roberts
  • Un cantante: Elsa Fernández e Adara Caamaño
  • Tipo de música: Toda. A clásica mellor
  • Deporte que practica: Algo de ximnasia e de correr
  • Unha viaxe pendente: Exipto. Toda a vida pendente

A listaxe

1. José Manuel Pequeno Castro

2. María Carmen Agulleiro Fernández

3. María Lema Santabaya

4. Faustino Suárez Moledo

5. Raúl González Lado

6. José Manuel Castiñeira Costa

7. Iván Pequeno Louro

8. José Trillo Carreira

9. María José García Montero

10. Paula Lema Bermúdez

11. Sheila Pose Pérez

Suplentes

1. Óscar Maceira Pazos

2. Óscar Lado González

3. Purificación Carreira Santos