Próximas citas deportivas en Dumbría, moi variadas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

DUMBRÍA

A carreira pedestre do próximo sábado será o pistoletazo de saída dun intenso mes

22 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Primeira Subida a Dumbría: rali

Senra Sport e o Concello de Dumbría celebrarán a primeira Subida a Dumbría, un rali puntuable para o Campionato de Galicia de Montaña. Será unha proba cronometrada de 4 quilómetros e 200 metros, repartida en dous días (8 e 9 do próximo mes), que irá de Olveiroa a Hospital. «Queremos poñer en valor o motor de Dumbría e recuperar o rali Mil vistas dos anos 90, organizado tamén por Senra Sport, que tivo moita fama», comentou o técnico de Deportes, César Ferrío. Os interesados poden chamar ao teléfono 981.741.508.

Primeira Cros de Obstáculos

O Concello de Dumbría tamén celebrará o 15 de xuño unha nova actividade: a primeira Cros de Obstáculos. «Levamos varios anos con xente adestrando a diario OCR e, neste, fíxose un equipo que comezou a competir na modalidade. Entre iso e que quixemos aproveitar o circuíto que temos en O Conco, haberá dúas distancias: a de 2,5 quilómetros, para principiantes, e outra de 7,5. Hai 150 prazas para cada unha en www.emesports.com», explicou o técnico.

Gran Fondo Ézaro: proba ciclista

 O coñecido Gran Fondo Ézaro, a celebrar o 7 de xullo, vai polos 930 inscritos. César agarda superar os 1.300 ciclistas do pasado ano. Inscricións en www.granfondoezaro.com ata o 23 de xuño.

Aberto de Captura e Solta dende Kaiak

 A segunda edición desta cita celebrarase os días 1 e 2 de xuño. Organiza o Club Pesca Deportiva Cíes e colabora o Concello. Inscrición no teléfono 607.594.465.