O ERE de Ferroatlántica afecta a todos os traballadores das fábricas de Cee e Dumbría

DUMBRÍA

Instalaciones de Ferroatlántica en Cee
Instalacións de Ferroatlántica en Cee Ana Garcia

Só quedan excluídos os das centrais hidroeléctricas

13 feb 2019 . Actualizado ás 19:22 h.

O Expediente de Regulación de Emprego Temporal (ERTE) que a empresa Ferroatlántica xustifica polo alto custo da enerxía eléctrica, sobre todo despois da última poxa de incentivos, afectaría ao 100 % dos traballadores das fábricas de Cee e Dumbría. Ese é o dato máis significativo que extraeron ata o momento os representantes sindicais da numerosa documentación que lles entregou a compaña do Grupo Villar Mir, integrada na multinacional Ferroglobe, na primeira reunión do período de consultas celebrada o luns en Madrid.

Quedarían só excluída a trintena de traballadores das centrais hidroeléctricas do Xallas e o Grande, na Costa da Morte, e está por determinar tanto os meses que lle afectaría o expediente a cada traballador en concreto, como as compensacións salariais se as hai. Son, xa que logo, uns 264 os afectados en Cee e Dumbría e 122 en Sabón.