Antonio Santamaría recupera o temón dos populares en Dumbría

La Voz CARBALLO / LA VOZ

DUMBRÍA

S. GARRIDO

Ligado ao sector do automóbil, os seus compañeiros de partido defíneno como un home «comprometido cos veciños e a comarca»

12 ene 2019 . Actualizado ás 18:46 h.

A dirección do Partido Popular na provincia dá a Coruña vén de dar luz verde á candidatura de Domingo Antonio Santamaría á alcaldía de Dumbría nas próximas eleccións municipais.

Santamaría, un dos históricos do PP na Costa da Morte, retomará o temón dos populares en Dumbría e asumirá o difícil reto de facer fronte ao asentado poder de José Manuel Pequeno no municipio.

Ligado ao sector do automóbil, os seus compañeiros de partido defíneno como un home «comprometido cos veciños e a comarca», con capacidade «de xestión», compromiso e ánimo «integrador».

El mesmo afirma volver «con moita ilusión»: «Estou moi agradecido co apoio que recibín dos meus veciños e dos compañeiros de partido nas últimas semanas», di Santamaría, que presentará unha proposta que conjugue «experiencia e renovación» e traballará «por e para todos».