Cuarta xornada de desenvolvemento comarcal, centrada no Xeodestino Costa da Morte

La Voz

DUMBRÍA

Ana Garcia

O GDR preparou para hoxe, no Ézaro, unha sesión centrada no Xeodestino

05 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • 9.30 • O Ézaro • Celebradas xa as tres primeiras xornadas enfocadas ao desenvolvemento territorial na comarca, o GDR Costa da Morte coordinou para hoxe a cuarta sesión do programa, que se centrará neste caso no Xeodestino e na posta en valor dos recursos e potencialidades do territorio.

Celebrarase no local municipal do Ézaro (Dumbría) a partir das nove e media da mañá, arrincando a sesión coa benvida por parte do alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeno, e do presidente do GDR, Manuel Muíño Espasandín.

O primeiro relatorio correrá a cargo de Juan José Blanco Riveiro, presidente da CMAT, que falará do proceso de articulación do Xeodestino e do papel xogado pola entidade que representa.

Seguidamente tocaranse os apoios de tipo institucional que veu recibindo a Costa da Morte para o seu desenvolvemento turístico e, tras unha degustación de produtos a media mañá, procederase a celebrar unha mesa redonda. Nela exploraranse aspectos como o parador de Muxía, o papel dos concellos, dos axentes de desenvolvemento local e dos guías de turismo, así como a visión do tecido empresarial.