Non hai outra

La Voz BERRO SECO

CORISTANCO

01 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Alivio. Onte había 28 infectados menos. Se se fai un esforzo, é posible que hoxe sexan menos que mañá, e así sucesivamente. Só hai que proporllo. Desde onte, hai tres municipios no grao medio, Cee, Coristanco e Corcubión, grupo ao que se sumou Vimianzo, mentres que Carballo e Fisterra seguen no alto. As restricións non son castigos, son medidas para atallar os procesos contaxiosos. Aínda así, pódense facer moitas actividades e gozar da vida tendo en conta as medidas sanitarias. Non hai outra.