Xornadas de formación financeira na EFA Fonteboa de Coristanco

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CORISTANCO

Ana Garcia

En colaboración con Agrobank, será os días 1, 8 e 22 de febreiro. Poderán acudir alumnos e profesionais interesados

27 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

En colaboración con Agrobank, os días 1, 8 e 22 de febreiro, a EFA Fonteboa de Coristanco acollerá tres sesións de formación financeira de proxectos agroalimentarios. Poderán participar nelas alumnos de segundo dos ciclos superiores, que están a elaborar os seus respectivos proxectos de empresa, así como profesionais interesados.