Gran risco

La Voz

CORISTANCO

04 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A couza guatemalteca pon en perigo dúas das xoias de Bergantiños, a pataca de Coristanco e a fina de Carballo. Cando xa a consellería empezaba a respirar ao ver os bos resultados das outras zonas afectadas, salta a lebre entre A Laracha e Carballo. Un risco para unha ampla zona que pode facer suar a moitos produtores. Todo iso é mostra de que hai que seguir as medidas ao pé da letra. O risco non é pequeno.