Coristanco volverá ao GDR, que deixara por non poder pagar a cota

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CORISTANCO

Pleno de Malpica
Pleno de Malpica ANA GARCIA

Aprobouno o pleno con só seis votos a favor

02 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O pleno de Coristanco aprobou con só seis votos a favor a volta do Concello ao GDR, que abandonou cando se creou o da Costa da Morte, que fusionou os dous que había anteriormente. O motivo é que o plan de axuste impedía o pagamento da cota, de 500 euros ao ano, aos que habería que engadir outros tantos de entrada. Na zona o outro Concello que non está é o de Laxe, polo mesmo motivo. A pesar diso, desde o GDR aseguraron que se inclúen aos dous municipios nas actividades e publicacións. Un total de 183 entidades de distinto tipo están no GDR, as máis numerosas son as asociacións culturais, recreativas e ambientais.

Outro dos asuntos que tampouco logrou a unanimidade do pleno foi a compatibilidade da traballadora social. Para substituír á que está de baixa contratarase a unha persoa que ten un negocio e que só poderá dedicar 17 horas á semana ao servizo. Para a oposición isto non é suficiente debido ás necesidades que hai. Outro asunto foi a cesión dun local a Fonteboa. O alcalde e Amancio Lavandeira ausentáronse neste punto pola súa vinculación ao centro educativo.

Pediatra

No pleno de Malpica aprobouse por unanimidade unha moción do BNG para reclamar mellor servizo médico e outra do PSOE para pedir unha prórroga para converter a Casa do Oleiro nun centro de día. A solicitude presentouse en outubro.

En Cerceda a corporación aceptou eliminar o imposto de plusvalía e a taxa por expedir documentos telemáticos.